“Ser capaz de encher o ocio dun xeito intelixente
é o derradeiro resultado da civilización”
Bertrand Russell
O ocio é un dereito de todo cidadán, pero ademais é unha necesidade podelo vivir de xeito pracenteiro e elixindo de forma libre unha ocupación. A través do ocio a persoa desenvolve a súa personalidade, afianza as súas habilidades e acada unha experiencia subxectiva persoal, é dicir, pon en xogo todo o seu ser.
Así, sendo o disfrute dun ocio de calidade unha das principias vías de integración social, a Fundación Inladi ten varios proxectos cos que pretende acadar unha milloría na vida das persoas con discapacidade, ofrecendo unha oportunidade de convivencia e disfrute do tempo libre.